EXPERIENCIAS DE INNOVACIÓN: SOMOS LO QUE COMEMOS

O proxecto Somos lo que comemos, do IES Ana Gironella de Mundet, en Barcelona, é unha proposta de innovación docente que pon como punto focal a nutrición e a saúde, empregando as aulas como mecanismo de aprendizaxe de contidos curriculares e extracurriculares de relevancia para unha vida plena e saudable.

Así pois, considero que é moi importante brindarlle ao alumnado unha formación completa e pormenorizada sobre a importancia de ter unha dieta sá e equilibrada, xa que nos últimos tempos a alimentación da rapazada pasou a ser moito máis deficiente debido ao auxe da bolería industrial e da comida rápida. Deste xeito, paréceme extremadamente interesante empregar materias como Informática, Linguas ou Ciencias para introducir este tipo de aspectos da vida diaria que son realmente importantes na nosa saúde e no noso proceso de crecemento e maduración persoal.

Xa para rematar, de entre todas as tarefas e actividades que se realizan ao longo do proxecto, considero que é de obrigatoria mención a confección por parte do alumnado dun almorzo saudable empaquetado, de tal xeito que a rapazada poida poñer en práctica todo aquilo que aprenderon durante o proxecto. Isto sempre é máis interesante que simplemente aprender nunha aula escoitando a unha profesora ou profesor, xa que o alumnado participa de forma activa tanto na aprendizaxe como na demostración da adquisición de contidos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

EXPERIENCIAS DE INNOVACIÓN: KiVA

EXPERIENCIAS DE INNOVACIÓN: AporTICs

EXPERIENCIAS DE INNOVACIÓN: APPS FOR GOOD