Publicacións

SUBJECT SPECIALTY ACTIVITY: GRAMMAR REVIEW

 Since the students that I will see are currently learning Modals, for today's class we will review Modal verbsb. Remember, these are a type of verb that expresses some kind of mode, such as order , prohibition , advice , permission ... Here is a little list of the main Modal Verbs that you have to learn: Must  (deber) VS. Mustn't (non deber: prohibición) Should / Shouldn't (debería / non deberías: consello) Have to (ter que: deber) VS. Don't have to (non ter que: falta de necesidade) Need to (necesitar: necesidade) VS. Don't need to (non necesitar: falta de necesidade) Can (poder: habilidade, permiso, probabilidade presente) VS. Can't (non poder: inhabilidade) Could (podía: habilidade pasada, probabilidade pasada) VS. Couldn't (non podía: inhabilidade pasada) Be able to (ser capaz de: abilidade) VS. Not be able to (non ser capaz de: inabilidade) Do you already know about them? If that's the case, here is a little game to practice and see who is the best...

SUBJECT SPECIALTY ACTIVITY: VOCABULARY CROSSWORD

 Since the students that I will see in the Practicum are currently learning about natural disasters vocabulary, I have prepared a little crossword game to see how well each of the students has studied. How well did you do? Try and get the hightest score to beat your partners!

EXPERIENCIAS DE INNOVACIÓN: AVANTI FELLOW

Avanti Fellow é unha proposta de innovación docente orixinaria da India de mentorado, na cal se proporciona axuda ao alumnado de educación secundaria con diversas tarefas de índole educativa, como por exemplo coa preparación dos seus exames ou con titorías e mentorías que aconsellen á rapazada á hora de escoller un futuro académico. Esta proposta trata de introducir ao alumnado nas universidades indias de máis prestixio, para tratar de poñer fin, nas palabras da propia iniciativa, á pobreza interxeracional. É unha proposta interesante, xa que é un proxecto gratuíto que se enfoca en garantir o acceso do alumnado ás universidades, tratando de fomentar a universalidade da educación e da formación da poboación india. Así pois, é máis que destacable mencionar a eficacia desta proposta, xa que unha gran parte do alumnado que participa nesta proposta dobra os seus ingresos grazas á mentoría desta iniciativa.

EXPERIENCIAS DE INNOVACIÓN: APPS FOR GOOD

Apps for Good é unha proposta de innovación docente na cal se promove a aprendizaxe a través de aplicacións e ferramentas tecnolóxicas. Trátase dunha proposta levada a cabo por unha organización benéfica do Reino Unido que busca acoller alumnado para formalo en competencias dixitais. Ademais disto, esta proposta tamén fomenta o traballo e a colaboración, inspirando á xente. Moitos dos alumnos e alumnas que participen neste proxecto poderán descubrir unha paixón pola tecnoloxía e a programación que non sabían que tiñan. É posible que algunha das persoas que participen neste proxecto escollan unha carreira relacionada coa Informática grazas a esta proposta de innovación docente. Deste xeito, a relevancia deste proxecto reside no seu alcance. Miles de alumnos e alumnas seguen esta iniciativa, deseñando prototipos de aplicacións beneficiosas para a sociedade ao mesmo tempo que a rapazada adquire competencias útiles para o seu futuro, sobre todo en relación ás TICs. Con todo, o máis destaca...

EXPERIENCIAS DE INNOVACIÓN: SCIENCE LAB

A proposta de Science Lab é un proxecto de innovación docente no cal se realizan talleres de ciencia para rapazada de Educación Primaria, co fin de promover a aprendizaxe sobre certos fenómentos e procesos científicos. A utilidade desta proposta reside en que, ao estar baseada en experimentos científicos de carácter práctico, foméntase a curiosidade e o desenvolvemento do método empírico no alumnado, buscando sempre a observación dos fenómenos do entorno da rapazada para poder tirar conclusións lóxicas e científicas. Por outra banda, a integración directa da rapazada nos experimentos motívaos moito, o alumnado pode senterse parte do proceso. Deste xeito, esta proposta é moi boa para introducir á rapazada no ámbito científico e deste xeito espertar a súa curiosidade por aprender e investigar aquelas cousas que descoñecen.

EXPERIENCIAS DE INNOVACIÓN: KiVA

O proxecto KiVA é unha proposta de innovación finlandesa cuxo obxectivo principal é o combate e a prevención do acoso escolar. Así pois, esta iniciativa propón unha serie de ferramentas e materiais que poden ser de axuda na prevención do acoso escolar. O máis destacable desta proposta é a variedade de medios e ferramentas que propón como medidas de concienciación e aprendizaxe educativa, como xogos, videoclips e pósters, ademais de charlas entre a rapazada acosada e os acosadores. Por outra banda, outro aspecto de especial relevancia son os programas de conferencias web que ofrece este programa para poder formar á xente sobre o acoso, tanto escolar como en liña. Considero que este tipo de formacións son esenciais hoxe en día, nun tempo no que o acoso está en constante ascenso e se fai necesario formar profesionais que poñan fin a esta situación. Con todo, o certo é que neste caso os seminarios, que se dividen en dúas partes, son de pago, o que creo que en certa medida contradi o espíri...

EXPERIENCIAS DE INNOVACIÓN: AporTICs

O proxecto  AporTICs  é unha proposta de innovación docente que se basea na creación de titoriais por parte do alumnado para aprender e compartir información. Obviamente, isto ten unha aplicación máis que eficaz para o ámbito educativo, xa que o alumnado adoita implicarse moito máis e amosar moita máis motivación cando trata temas dos que sabe moito e lle interesan; así pois, este tipo de proxecto de innovación podería achegarse á titoría entre iguais, axudándose a rapazada entre ela para aumentar os seus coñecementos e destrezas, para poder así motivar ao alumnado e promover unha ensinanza moito máis interdisciplinar. Deste xeito, a rapazada poderá ter moito mellores competencias das TICs e do uso responsable da tecnoloxía.