EXPERIENCIAS DE INNOVACIÓN: AVANTI FELLOW

Avanti Fellow é unha proposta de innovación docente orixinaria da India de mentorado, na cal se proporciona axuda ao alumnado de educación secundaria con diversas tarefas de índole educativa, como por exemplo coa preparación dos seus exames ou con titorías e mentorías que aconsellen á rapazada á hora de escoller un futuro académico. Esta proposta trata de introducir ao alumnado nas universidades indias de máis prestixio, para tratar de poñer fin, nas palabras da propia iniciativa, á pobreza interxeracional.

É unha proposta interesante, xa que é un proxecto gratuíto que se enfoca en garantir o acceso do alumnado ás universidades, tratando de fomentar a universalidade da educación e da formación da poboación india. Así pois, é máis que destacable mencionar a eficacia desta proposta, xa que unha gran parte do alumnado que participa nesta proposta dobra os seus ingresos grazas á mentoría desta iniciativa.








Comentarios

Publicacións populares deste blog

EXPERIENCIAS DE INNOVACIÓN: KiVA

EXPERIENCIAS DE INNOVACIÓN: AporTICs

EXPERIENCIAS DE INNOVACIÓN: APPS FOR GOOD