EXPERIENCIAS DE INNOVACIÓN: APPS FOR GOOD
Apps for Good é unha proposta de innovación docente na cal se promove a aprendizaxe a través de aplicacións e ferramentas tecnolóxicas. Trátase dunha proposta levada a cabo por unha organización benéfica do Reino Unido que busca acoller alumnado para formalo en competencias dixitais. Ademais disto, esta proposta tamén fomenta o traballo e a colaboración, inspirando á xente. Moitos dos alumnos e alumnas que participen neste proxecto poderán descubrir unha paixón pola tecnoloxía e a programación que non sabían que tiñan. É posible que algunha das persoas que participen neste proxecto escollan unha carreira relacionada coa Informática grazas a esta proposta de innovación docente.
Deste xeito, a relevancia deste proxecto reside no seu alcance. Miles de alumnos e alumnas seguen esta iniciativa, deseñando prototipos de aplicacións beneficiosas para a sociedade ao mesmo tempo que a rapazada adquire competencias útiles para o seu futuro, sobre todo en relación ás TICs. Con todo, o máis destacable desta proposta é a accesibilidade desta, xa que é un programa gratuíto do que xa se beneficiaron máis de trinta mil estudantes. Ademais, este proxecto está orientado especialmente aos centros cun contexto socioeconómico complicado ou conflitivo, co cal é fácil ver a utilidade deste tipo de proposta, a cal se enfoca principalmente na labor social e na mellora da formación da poboación.
Comentarios
Publicar un comentario