Today we will practice what we have learned about Conditional Sentences. For this, we have prepared a little Kahoot to play in class. Here is the link:
O proxecto KiVA é unha proposta de innovación finlandesa cuxo obxectivo principal é o combate e a prevención do acoso escolar. Así pois, esta iniciativa propón unha serie de ferramentas e materiais que poden ser de axuda na prevención do acoso escolar. O máis destacable desta proposta é a variedade de medios e ferramentas que propón como medidas de concienciación e aprendizaxe educativa, como xogos, videoclips e pósters, ademais de charlas entre a rapazada acosada e os acosadores. Por outra banda, outro aspecto de especial relevancia son os programas de conferencias web que ofrece este programa para poder formar á xente sobre o acoso, tanto escolar como en liña. Considero que este tipo de formacións son esenciais hoxe en día, nun tempo no que o acoso está en constante ascenso e se fai necesario formar profesionais que poñan fin a esta situación. Con todo, o certo é que neste caso os seminarios, que se dividen en dúas partes, son de pago, o que creo que en certa medida contradi o espíri...
O proxecto AporTICs é unha proposta de innovación docente que se basea na creación de titoriais por parte do alumnado para aprender e compartir información. Obviamente, isto ten unha aplicación máis que eficaz para o ámbito educativo, xa que o alumnado adoita implicarse moito máis e amosar moita máis motivación cando trata temas dos que sabe moito e lle interesan; así pois, este tipo de proxecto de innovación podería achegarse á titoría entre iguais, axudándose a rapazada entre ela para aumentar os seus coñecementos e destrezas, para poder así motivar ao alumnado e promover unha ensinanza moito máis interdisciplinar. Deste xeito, a rapazada poderá ter moito mellores competencias das TICs e do uso responsable da tecnoloxía.
Apps for Good é unha proposta de innovación docente na cal se promove a aprendizaxe a través de aplicacións e ferramentas tecnolóxicas. Trátase dunha proposta levada a cabo por unha organización benéfica do Reino Unido que busca acoller alumnado para formalo en competencias dixitais. Ademais disto, esta proposta tamén fomenta o traballo e a colaboración, inspirando á xente. Moitos dos alumnos e alumnas que participen neste proxecto poderán descubrir unha paixón pola tecnoloxía e a programación que non sabían que tiñan. É posible que algunha das persoas que participen neste proxecto escollan unha carreira relacionada coa Informática grazas a esta proposta de innovación docente. Deste xeito, a relevancia deste proxecto reside no seu alcance. Miles de alumnos e alumnas seguen esta iniciativa, deseñando prototipos de aplicacións beneficiosas para a sociedade ao mesmo tempo que a rapazada adquire competencias útiles para o seu futuro, sobre todo en relación ás TICs. Con todo, o máis destaca...
Comentarios
Publicar un comentario